Isabel Rodríguez agradece o importante labor do Banco de Alimentos e a Cruz Vermella para protexer as persoas máis vulnerables da crise provocada pola pandemia

Imagen Banco Alimentos

16/10/2020

 A subdelegada do Goberno supervisou o comezo da segunda fase do Programa de Axuda a Persoas Desfavorecidas que chegará a case 8.800 lucenses
 Nesta ocasión distribúense na provincia máis de 226 toneladas de alimentos que se engaden ás 152 toneladas entregadas no verán
 O Banco de Alimentos e a Cruz Vermella son as entidades que colaboran co Goberno na distribución dos alimentos a 72 organizacións asociadas de reparto para que estas as subministren ás persoas beneficiarias do Programa en toda a provincia


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, efectuou hoxe unha visita ás instalacións do centro de distribución do Banco de Alimentos de Lugo para supervisar o desenvolvemento da segunda fase do Programa de Axuda a Persoas Desfavorecidas 2020. Na visita estivo acompañada pola presidenta do Banco de Alimentos, Amadora Núñez, e o responsable da dependencia de Agricultura e Pesca da Subdelegación do Goberno, Enrique Liñares.

A subdelegada informou de que nesta segunda fase do Programa de Axuda a Persoas Desfavorecidas chegarase a 8.794 lucenses que recibirán 226.093 kilos de alimentos con un valor de 225.000 euros.

Este programa articúlase en tres fases, dúas delas no ano 2020 e a terceira no primeiro trimestre de 2021. Na primeira, que se desenvolveu no mes de xuño, repartíronse outras 152 toneladas de alimentos, valorados en 115.441 euros, na provincia de Lugo. A terceira e última fase está prevista para o mes de febreiro de 2021.

Isabel Rodríguez reiterou o compromiso do Goberno coas persoas máis vulnerables, que sofren con especial dureza os efectos da crise sanitaria e económica. Neste sentido, a subdelegada indicou que a prioridade do Goberno é reforzar o Estado do Benestar, con medidas que dean protección a aquelas persoas máis desamparadas.

A subdelegada aproveitou para agradecer a gran colaboración que están a prestar os voluntarios e voluntarias de entidades como o Banco de Alimentos e a Cruz Vermella que canalizan a distribución dos alimentos na provincia de Lugo xunto con 72 organizacións que se ocupan da entrega directa aos beneficiarios.

 

PROGRAMA 2020 DE AXUDA ALIMENTARIA ÁS PERSOAS MÁIS DESFAVORECIDAS

 

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), puxo en marcha o pasado mes de xuño o  Programa 2020 de Axuda Alimentaria ás persoas máis desfavorecidas, no que se repartirán, de forma gratuíta, 88,4 millóns de quilos de alimentos en toda España.

Os produtos alimentarios adquiridos para distribuír neste programa son arroz branco, faba cocida, conserva de atún, conserva de sardiña, conserva de carne (magro de cerdo), pasta alimenticia tipo macarrón, tomate frito en conserva, galletas, macedonia de verduras en conserva, froita en conserva en almíbar lixeiro, tarriños infantís de froita e de polo, leite enteiro UHT, batidos de chocolate e aceite de oliva.

Esta cesta de 15 alimentos, nutritivos, básicos, de fácil transporte e almacenamento, pouco perecedoiros, permite que as persoas desfavorecidas poidan preparar facilmente unha comida completa para unha persoa o para unha familia con varios membros, incluídos bebés.

O Programa 2020, que supón a adquisición de alimentos a través dun proceso de licitación pública, está cofinanciado nun 85% polo Fondo de Axuda Europea para as Persoas máis Desfavorecidas (FEAD) e nun 15% polos orzamentos do Estado.