Maica Larriba impulsa a Comisión de Pesca do Brexit-Galicia en Pontevedra
12/09/2019
A subdelegada presidiu a primeira xuntanza que agrupa ao sector marítimo-pesqueiro de toda a comunidade autónoma
A subdelegada do goberno en Pontevedra, Maica Larriba presidiu esta mañá o primeiro comité especial de Pesca do Brexit-Galicia, contando nesta ocasión co asesoramento do Director Territorial de Comercio, Sergio Prieto e o Xefe de dependencia de Aduanas de Galicia, Jaime Gayá. Xunto a representantes de armadores, conserveiras, industria transformadora, portos e outros sectores, mantívose unha mesa de traballo para abordar todas as cuestións marítimo-terrestres que poden repercutir a partir da saída británica da UE, na que tamén participou a Directora Xeral de Pesca da Xunta de Galicia, Mercedes Rodríguez.
Tal como avanzou Maica Larriba “o sector da pesca é unha das actividades máis importantes do noso territorio. Por dar algúns datos, as importacións o ano pasado procedentes do Reino Unido de peixes sufriron un descenso con respecto a anos anteriores de contorna a un quince por cento no seu valor aínda que apenas dun doce por cento no seu peso. Con todo, para o primeiro semestre do ano, os datos son algo mellores. O valor das importacións procedentes do Reino Unido só descendeu en torno ao dez por cento e no seu peso baixou nun 18 por cento”.
Larriba quixo recalcar que “aínda que tras a nosa integración na Unión Europea, en 1986, a cifra de barcos españois que podían pescar en augas británicas quedou limitada a 300 barcos e na actualidade apenas chegan a uns 70, a dinámica do sector pesqueiro galego provocou que na actualidade moitos barcos con bandeira británica e francesa sexan de capital galego e descargan as súas capturas en portos británicos e irlandeses para daquela ser transportadas ata os nosos mercado”. Igualmente a subdelegada do goberno quixo mencionar o caso da flota viguesa que pesca en augas das illas Malvinas, no Atlántico Sur e baixo xurisdición británica, sinalando que “os seus tripulantes son galegos, na súa maioría, as súas capturas diríxense ao porto vigués e, en moitas ocasións, as súas reparacións realízanse na ría viguesa”.
Larriba indicou que “o Goberno español ten establecidos plans de continxencia para cada sector e que os empresarios poden consultalos para adoptar as medidas que consideren necesarias”.
A subdelegada recordou que “cun “Brexit duro, supoñerá que os barcos comunitarios serán tratados como barcos estranxeiros en portos británicos e que non se poderá seguir pescando nas súas augas. O mecanismo adoptado pola Unión Europea prevé a adaptación de axudas e subvencións para tripulacións e barcos afectados ata que se negocie un acordo pesqueiro bilateral”.
Finalmente, Maica Larriba avanzou que estas reunións de traballo vanse desenvolver todas as veces que sexan necesarias e “ademais, nas próximas semanas realizaranse novas reunións sectoriais en Vigo, Santiago, Ourense, Lugo e Ferrol en colaboración coas Cámaras de Comercio provinciais e xunto a representantes da CEOE, Aduanas e a Comisión Europea”.