María Rivas dá a benvida a 15 novas e novos axentes da Policía Nacional que realizarán o seu período de prácticas en diferentes brigadas da Comisaría de Lonzas

María Rivas dá a benvida a 15 novas e novos axentes da Policía Nacional que realizarán o seu período de prácticas en diferentes brigadas da Comisaría de Lonzas

02/08/2023

A provincia da Coruña recibe un total de 52 axentes de Policía Nacional, 41 que optan á escala básica e 11 que finalizan o seu período de formación para optar á escala executiva como inspectores e inspectoras

María Rivas puxo en valor as medidas do Goberno para favorecer a incorporación das mulleres e a aposta pola mellora material, técnica e de infraestruturas


A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, achegouse hoxe ata a Comisaría de Lonzas, para dar a benvida a 15 axentes de Policía Nacional, 11 homes e 4 mulleres, que durante once meses desenvolverán o seu período de prácticas en diferentes unidades. No que alcanza ao total da provincia hai 41 axentes repartidos e repartidas entre as  comisarías: 16 en Santiago; 6 en Ferrol-Narón  e 4 en Ribeira..   


Ademais dos axentes en prácticas, tamén se incorporan a Lonzas 6 axentes, 4 homes e 2 mulleres, que finalizarán aquí o seu período de formación como inspectores e inspectoras para acceder á escala executiva. No total da provincia son 11 os inspectores alumnos e alumnas que optan á súa incorporación á escala executiva.


O módulo de prácticas é a última fase do proceso selectivo para formar parte do Corpo Nacional de Policía despois de superar as probas da oposición e o curso selectivo na Escola Nacional de Policía de Ávila. Ao longo deste período os e as policías terán unha aprendizaxe práctica co que obterán o nivel de profesionalización requirido para o desenvolvemento das funcións propias de policía. 


Durante este tempo prestarán servizos en diferentes brigadas de Seguridade Cidadá, Policía Xudicial, Estranxeiría e Fronteiras, Policía Científica e Información así como na Oficina de Denuncias.


Ademais de darlles a benvida, a subdelegada felicitou ás novas e novos axentes “por chegar ata aquí e superar unhas probas tan esixentes e selectivas como as da Escola de Ávila”. 


María Rivas fixo fincapé en que durante estes meses, o seu traballo contribuirá a resolver infraccións, atender incidencias e realizar un servizo público esencial desde a responsabilidade e o compromiso. 


A subdelegada destacou tamén a importancia da incorporación da muller ás Forzas e Corpos de Seguridade e lembrou que esta promoción chega xa un 32% de mulleres. Neste sentido reiterou o compromiso do Goberno en seguir apostando porque no persoal policial reflíctase a realidade demográfica do noso país. Neste sentido, avanzou que a convocatoria deste ano será a primeira da historia que non teña un límite de estatura, unha barreira de cristal que limitaba este avance. 


María Rivas tamén subliñou o compromiso do Goberno non só na recuperación de efectivos e na mellora material, técnica e de *insfraetructuras da Policía Nacional.