Os delitos baixaron nun 30% ao longo deste ano na localidade de Salceda

Imagen de la Junta Local de Salceda

18/10/2018


A subdelegada presidiu xunto o alcalde a xunta de seguridade local

Maica Larriba subliñou que a localidade mantén oito casos activos no sistema de Vixiancia de Violencia de Xénero (Viogen)


A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba presidiu hoxe, xunto o alcalde de Salceda Marcos Besada, a celebración da xunta local de seguridade na que puxo de manifesto que os delitos na localidade baixaron ao longo dos nove primeiros meses do ano en preto dun 30%. A subdelegada felicitou tanto a Policía Local como a Garda Civil por este feito que “reflicte a Salceda como unha localidade moi segura polo que o seu alcalde tense que sentir moi orgulloso”.

Nesta xunta local de seguridade participaron os membros da Garda Civil da comarca, así como da comandancia de Pontevedra, a Policía Local, e as concelleiras da area de seguridade e igualdade, a secretaria xeral da Subdelegación e o alcalde e a propia subdelegada do Goberno. Larriba subliñou que estes índices de  delitos pon a Salceda “cinco veces por debaixo da media nacional en atención a súa poboación”.

Por outra parte, tamén se analizaron os datos do sistema Viogen, do cal o concello de Salceda é integrante. Segundo explicou a secretaria xeral da Subdelegación, neste intre, na localidade existen un total de oito casos activos de seguimento  no Viogen. Tres deles con risco non apreciado, catro de nivel baixo e un de nivel medio. De feito, os tres de risco non apreciado se incorporaron ao longo deste 2018.

Para a subdelegada é moi importante que as policías locais se impliquen tamén no seguimento e control das vítimas rexistradas en Viogen aínda que no caso concreto de Salceda dada a plantilla reducida con que contan os “casos os ten asignada a Garda Civil”.

Pola súa banda, o alcalde tamén solicitou a colaboración dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado ante a aparición dalgúns casos de  vandalismo contra bens municipais que están a acontecer nas últimas datas na localidade. Por parte da Garda Civil se ofreceu toda a colaboración pero tamén se pediu o intercambio de información sobre estes casos.