Delegaciones
- Delegaciones
- ¿Qué es la Administración General del Estado en el Territorio?
- Normativa
- Delegaciones del Gobierno
- Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Galicia
- Delegado del Gobierno
- Actualidad
- Información sobre la semana de la Administración Abierta
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación del Gobierno en Lugo
- Subdelegación del Gobierno en Ourense
- Subdelegación del Gobierno en Pontevedra
- Subdelegación del Gobierno en A Coruña
O subdelegado do Goberno dá a benvida ao novo xefe de Persoal e Apoio da Comandancia da Garda Civil de Ourense
01/02/2021
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, mantivo un encontro esta mañá co comandante José Benito Fernández Santamarina, que se incorporou recentemente ao seu novo destino como xefe de Persoal e Apoio na Comandancia da Garda Civil en Ourense.
Na reunión, Emilio González deulle a benvida e expresou o seu convencemento de que o comandante Fernández Santamarina obterá excelentes resultados no desempeño do seu cargo.
Así mesmo, o subdelegado do Goberno destacou o esforzo e o traballo levados a cabo polos efectivos da Garda Civil de Ourense nun momento no que, ademais da seguridade cidadá, asumen, xunto coa Policía Nacional e o resto de forzas de seguridade, a importante responsabilidade de asegurar o cumprimento das normas establecidas polas autoridades sanitarias para frear a expansión da COVID-19.
O comandante José Benito Fernández Santamarina, natural de Verín, ponse á fronte da Xefatura de Persoal e Apoio da Comandancia da Garda Civil de Ourense, procedente de Vigo, onde estaba destinado como xefe da Compañía Fiscal e Fronteiras.