Inicio > Delegacións > Delegacións do Goberno > Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia > Actualidade > Notas de Prensa > Notas > 2019 > Octubre > A Delegación do Goberno informa da concesión a Galicia de 513.795 euros para programas de apoio ás vítimas de violencia de xénero e de abusos ou agresións sexuais
Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Información sobre la semana de la Administración Abierta
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
A Delegación do Goberno informa da concesión a Galicia de 513.795 euros para programas de apoio ás vítimas de violencia de xénero e de abusos ou agresións sexuais
09/10/2019
Distribuídos en tres conceptos: mellorar a asistencia social a mulleres e menores vítimas; establecer plans personalizados de axuda e mellorar a coordinación e a garantir programas de apoio ás vítimas de agresións e/ou abusos sexuais
Materializan o compromiso orzamentario aprobado na Conferencia Sectorial de Igualdade do pasado mes de abril
A Delegación do Goberno en Galicia informa da concesión á Comunidade Autónoma de Galicia de 513.795 euros para programas específicos a realizar para mellorar a atención a vítimas de violencia de xénero e de abusos sexuais.
O Boletín Oficial do Estado publicou esta semana as resolucións da Secretaría de Estado de Igualdade coa relación de proxectos específicos a realizar polas CC.AA. con cargo a fondos recollidos no Pacto de Estado para a loita contra a Violencia de Xénero. Son proxectos aprobados de común acordo polo Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade e a Xunta de Galicia, no caso galego, e que distribúen o crédito dispoñible aprobado na Conferencia Sectorial de Igualdade do pasado 3 de abril.
En concreto, segundo se indica no BOE, son programas e prestacións de servizos que garantan o dereito a asistencia social integral as vítimas de violencia de xénero, amparado pola Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero; o financiamento de programas de apoio a vítimas de agresións e/ou abusos sexuais, ao amparo do Convenio do Consello de Europa sobre prevención e loita contra a violencia contra a muller e a violencia doméstica; e proxectos de mellora da coordinación e plans personalizados.
De acordo coas tres resolucións, a Comunidade Autónoma de Galicia (Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia) recibirá 513.498 euros para o financiamento de:
- Cinco proxectos para garantir o dereito a asistencia social integral a mulleres vítimas de violencia de xénero por importe de 219.092,24 euros.
- Cinco proxectos de atención especializada a menores vítimas da violencia de xénero, por importe de 121.410,19 euros.
- Cinco proxectos destinados á implementación da Proposta Común de mellora da coordinación e a posta en marcha dun plan personalizado para mulleres vítimas de violencia de xénero e para os seus fillos, cun orzamento de 63.572,82 euros.
- Tres programas de apoio ás vítimas de agresións e/ou abusos sexuais, por importe de 109.719,87 euros
PACTO DE ESTADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero naceu do consenso acadado polos distintos Grupos Parlamentarios, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais representadas na Federación Española de Municipios e Provincias. Este Pacto de Estado supón a unión dun gran número de institucións, organizacións e persoas expertas na formulación de medidas para a erradicación da violencia sobre as mulleres.
Entre 2018 e 2019 Galicia recibirá máis de 18 millóns de euros de fondos derivados deste Pacto de Estado, que se distribúen entre o Goberno Autonómico e os Concellos, tras a recente recuperación de competencias municipais nesta materia.