Funcións do Consello

  • Analizar as actuacións dos distintos departamentos ministeriais da Administración Xeral do Estado, e dos organismos públicos adscritos ou dependentes deles, en relación coa utilización das linguas oficiais das Comunidades Autónomas en garantía do dereito de uso daquelas por parte dos cidadáns.

  • Propor directrices e criterios de carácter xeral que faciliten a coordinación dos órganos da Administración Xeral do Estado en materia de uso das linguas oficiais.

  • Informar e someter á aprobación do Goberno, a través do Ministro de Administracións Públicas, as propostas, as medidas organizativas e os plans de actuación ou os obxectivos a cumprir, tanto de forma xeral pola Administración Xeral do Estado e os Organismos Públicos vinculados ou dependentes dela, como en cada un dos ámbitos específicos de actuación destes en relación co recoñecemento e uso das linguas oficiais, podendo, no seu caso, establecer obxectivos parciais, de carácter progresivo, cando as dificultades obxectivas para o seu cumprimento pleno e directo así o aconsellen, a xuízo do Consello.

  • Propor as liñas de actuación a desenvolver e os obxectivos a alcanzar polos distintos Departamentos ministeriais e outros Organismos Públicos vinculados ou dependentes deles en relación co uso das linguas oficiais.

  • Informar as propostas en materia de linguas oficiais que sexan tramitadas a través de calquera dos Departamentos ministeriais.

  • Promover a difusión na sociedade española dos valores do plurilingüismo e reforzar a implantación de medidas que coadxuven a tal fin.